A cara "B" da música, na cara "B" da radio # The "B" side of music, on the "B" side of radio. Conducted by: André C. Pastor —Pequeno Monstro—.

luns, 23 de setembro de 2013

Regresa Off Mental, a cara "B" da música na cara "B" da radio.

A cara "B" de todo.

Unha tempada máis regresa Off Mental o programa da cara "B" da música na cara "B" da radio. 

Nova sintonía, novas intencións, novos enfoques que tentarán lle dar un novo ár a particular colleita do Pequeno Monstro. Istos son os novos horarios na Rádio FilispiM, 93.9 FM: domingos de 23:00 á 24:00 h. e martes de 15:00 á 16:00 h.

Como sempre, ista proposta está aberta a emisión por outras radios sen ánimo de lucro, que previamente o comuniquen ao Pequeno Monstro, responsábel do espazo. A emisión pode serguirse igualmente vía streaming para todo o mundo ao través deste blog, ou mesmo do blog de Rádio Filispim, http://opaii.blogspot.com. Como xa é habitual, o podcast do espazo estará disponible via Ivoox para súa escoita/descarga.

Quero agradecer a Atom Cobalto (Fabrik) a composición da peza "FilispiM" que utilicei na gravación desta cunha-promo. Ista peza foi orixinalmente incluida no álbum Obsolescencia Programada (El Que? Produkt, 2013), coma chiscadelo a  radio libre que emite dende Ferrol, pola difusión que esta emisora fai en programas coma Retroevolución das músicas do catálogo El Que? Produkt. A peza orixinal podedes ouvila nese álbum e por suposto, curiosear entre as moitas propostas que Atom Cobalto protagoniza en solitario ou xunto a Victor Rozalen (Juventudes Lesbianas, El Viejo Café Europa, Ocnelie Illmatik...), mesmo afondar no catálogo completo do selo valenciano El Que? Produkt.

Non é a primeira vez que os responsábeis do selo El Que? Produkt dende valencia se misturan coa Rádio FilispiM, así aconteceu coa proposta:  Radio FilispiM presenta Retro-Evolución, homenaje a El Que? Produkt, 2012. Que a sinerxia continúe... e o dito, volvemos con moita cara "B".

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentando das vida ao blog. Obrigado!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...