A cara `B´ da música, na cara `B´ da radio. Conduce: O Pequeno Monstro.

viernes, 3 de enero de 2014

Off Mental agora tamén en TTRadio.

Logo de TTRadio

A partir do vindeiro mércores 8 de xaneiro de 2014, TTRadio se suma á difusión de Off Mental. TTRadio é unha emisora sen ánimo de lucro que emite vía internet cuxa programación outorga un protagonismo especial á musica. Xunto a Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol) e Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela), son tres as emisoras que redifunden a historia da cara "B" da música.

Quero agradecer dende aquí ao seu responsábel, Jose Antonio Ayala Muñoz, por terse interesado polos contidos de Off Mental tal e como se producen orixinalmente, en idioma galego. Tendo en conta que a base de TTRadio é a Comunidade Valenciana e a súa cobertura internacional, non poido senón que valorar moi positivamente ista cuestión e desterrar o mito de que en galego non imos a ningures. Ouvintes de toda a xeografía do Estado e de alén dos mares o certifican cada semana.

Por último, destacar que ao través de TTRadio, Off Mental será emitido dende a súa primeira edición, todos os mércores a partir das 18:00 h.

Pequeno Monstro.



Audio: promo Off Mental en TTRadio.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...