A cara "B" da música, na cara "B" da radio # The "B" side of music, on the "B" side of radio. Conducted by: André C. Pastor —Pequeno Monstro—.

mércores, 14 de maio de 2014

Off Mental - programa 61

 The Köln Concert, Keith Jarrett (ECM, 1975)

Terceiro dos especiais adicados ao selo de música ECM (Edition of Contemporary Music), fundado na cidade de Múnich en 1969 polo músico e produtor alemá Manfred Eicher.

Neste programa escoitamos unha selección da obra de Keith Jarrett, The Köln Concert (ECM, 1975). Gravada ao vivo o 24 de xaneiro de 1975, recolle as improvisacións a piano só realizadas polo músico e pianista de jazz contemporáneo no Cologne Opera House da cidade de Colonia, Alemaña.

Selección musical:
  • The Köln Concert - part. I 
  • The Köln Concert - part II (b) 
  • The Köln Concert - part II (c) extracto. 
Apresenta e conduce: Pequeno Monstro. 
Emisión: Rádio FilispiM, Rádio Kalimera e TT Radio 
Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com



Súmate a difusión deste programa en radios alternativas. Contacta co Pequeno Monstro.

luns, 5 de maio de 2014

Diálogos 3 (Radio 3-RNE). Concerto de DAVID LANZ no Auditorio de Palma de Mallorca (16/05/1992).

David Lanz

Atendendo unha petición dun seguidor desta serie de programas, aquí temos este novo rexistro que responde ao concerto, dentro da súa primeira xira polo Estado español, do pianista estadounidense David Lanz (Seattle-Washington, 1950). O concerto celebrouse no Auditorio de Palma de Mallorca o 16 de maio de 1992 e foi emitido naquel tempo por Diálogos 3 (Radio 3-RNE).

A totalidade da gravación do concerto remata cara o minuto 00:56:39 do rexistro sonoro. A primeira parte do concerto finaliza coa coñecida composición Cristofori´s Dream. O album homónimo a referida peza, editado en 1988, está adicado Bartolomeo Cristofori di Francisco (Padua-Italia, 1655-1731), experto construtor de clavicordios e considerado o inventor do piano. O álbum Cristofori´s Dream estivo 27 semanas consecutivas coma nº 1 da lista de "nuevas músicas" da revista Billboard, lexendaria revista estadounidense especializada na industria musical. No ano 1988 a refereida revista inclúe por vez primeira unha lista reservada as "novas músicas" (New Age, Adult Contemporary Music...).

Ao final do rexistro que vos oferezo, finalizado o concerto, engadín un pequeno corte doutro Diálogos 3 daqueles días, donde Ramón Trecet comenta con máis calma a obra e figura do músico e compositor David Lanz.

Dende o o meu ponto de vista, non é axeitado considerar a música de David Lanz coma "nova", xa que a súa creación responde aos cánones convencionais. Non hai experimentación, procura de novos camiños e, polo tanto, non é "nova". Ao tempo, a súa compararanza con outros músicos da estética "new age", coma Steven Halpern (un dos pioneiros do estilo) non me parecen acertada. Nada teñen que ver as músicas que executan ambos autores, Halpern e Lanz. En resumidas contas, o que ides ouvir é música romántica contemporánea (esquecédevos do conceito académico) executada ao piano, sinxela e moi inspirada... nada máis e nada menos. A disfrutar.



Libre difusión, mais mencionar a fonte sonora e este blog. Grazas:
- Fonte; Aquivo sonoro do Pequeno Monstro. Blog: http://offmental.blogspot.com
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...