A cara "B" da música, na cara "B" da radio # The "B" side of music, on the "B" side of radio. Conducted by: André C. Pastor —Pequeno Monstro—.

Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta luis delgado. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta luis delgado. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

mércores, 9 de marzo de 2016

Diálogos 3 - entrevista a Luis Delgado nos `Encuentros de Nueva Música´ de Sevilla (24/10/1989)

Luis Delgado

Restacamos estoutra edición histórica de Diálogos 3 (Radio 3-RNE) concucida por Ramón Trecet e realizada o 24 de outubro de 1989.

No transcurso do programa Ramón conversa con Luis Delgado nas horas previas ao seu concerto dentro do festival `Encuentros de Nueva Música´ de Sevilla, un clásico daqueles anos. O Teatro Lope de Vega sería o marco daquel evento, tras unha complicada montaxe técnica para o directo de `Alquibla´, serie documental dirixida por Rafael Carratalá con guión de Juan Goytisolo que divulga cultura árabe, e que naquela altura emitía TVE. Naquel concerto de Sevilla, acompañando a Luis Delgado no cenario, estiveron: Begoña OlavideCuco PérezJavier Bergia e Carlos Paniagua (da saga Paniagua). Neste enlace podes ler unha crónica do acontecido.

Os diálogos que teñen lugar durante o programa entre Trecet, Luis Delgado e ouvintes,  poñen de manifesto a pouca importancia coa que no seu programa trataba Trecet a músicos como Luis Delgado e iniciativas tan interesantes como o selo estatal `El Cometa de Madrid´ (La Orquesta de las Nubes, Patricia Escudero, Enrique Mateu, Macias, Ishinohana, Mecánica Popular, Luis Paniagua...). Hoxendía as referencias de `El Cometa´ son moi valoradas e procuradas por coleccionistas de todo o mundo. 

O certo é que, transcorridos 28 anos da emisión deste espazo, Luis Delgado segue a ser un dos músicos máis interesantes que teñan xurdido no Estado español. Integrante ou fundador de bandas coma Imán Califato Independiente, rock sinfónico; de formacións de música antiga (das tres culturas) coma Atrium Musicae, Música AntiguaIbn BayaCálamus ou Babia; de floc coma La Musgaña; de corte experimental coma Mecánica PopularIshinohana... sen esquecer as súas aventuras en solitario (Vathek). Ademáis, Luis Delgado é produtor e asesor musical para Planetarios, compositor de bandas sonoras para filmes, documentarios, teatro, ballet, e posuidor dunha das máis completas coleccións de instrumentos que poden verse no seu propio museu, o `Museo de la Música, Colección Luis Delgado´ na localidade vallisoletana de Urueña.

Disfrutade da interesante gravación...


Libre difusión, con indicación de fonte documentaria (Pequeno Monstro) e deste bog (Off Mental).

Outras referencias a Luis Delgado neste blog: aquí.
Outros Diálogos 3 rescatados polo Pequeno Monstro: aquí

mércores, 9 de maio de 2012

Off Mental - programa 27

Juan Alberto Arteche Goal (Finis Africae).

Programa Nº 27 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro. Outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.

Neste programa:
  • FINIS AFRICAE - Hybla [Prima Travesía, 1984].
  • FINIS AFRICAE - Entrada en el parque: los pobres del mundo tocan el bombo [Un día el el parque. GASA, 1985].
  • FINIS AFRICAE - Doble reflejo de la luna en el agua [Un día el el parque. GASA, 1985].
  • FINIS AFRICAE - Los colores de mis botas [Un día el el parque. GASA, 1985].
  • FINIS AFRICAE - Ceremonia mágica en el estanque [Un día el el parque. GASA, 1985].
  • LUIS DELGADO - Kotubia [Alquibla. RTVE Música, 1988].
  • LUIS DELGADO - Xmaal Fnaa [Alquibla. RTVE Música, 1988]
  • LUIS DELGADO - Gaudí en Capadocia (Reflexión) [Alquibla. RTVE Música, 1988]
  • LUIS DELGADO - El desierto, realidad y espejismo [Alquibla. RTVE Música, 1988]
  • LUIS DELGADO - El tambor del sol [Alquibla. RTVE Música, 1988]
  • LUIS DELGADO - El baño lustral [Alquibla. RTVE Música, 1988]
  • LUIS DELGADO - Gaudí en Capadocia (Profecía) [Alquibla. RTVE Música, 1988]
  • LUIS DELGADO - Itinerario de un campeón [Alquibla. RTVE Música, 1988]
  • LUIS DELGADO - Ver sin ser vista (La mujer en el Islam) [Alquibla. RTVE Música, 1988]



Video: Finis Africae nun concerto en  Lanzarote, ano 1996. Juan Alberto Arteche, Markus Breuss, 
Javier Bergia e Juan Carlos Fdez; cada quen ao seu...

xoves, 14 de marzo de 2013

Off Mental - programa 47

Luis Delgado

Edición nº 47 de OFF MENTAL, músicas sen fronteiras en Rádio FilispiM. Conduce e apresenta: Pequeno Monstro.

Especial LUIS DELGADO, multi-instrumentista, compositor, produtor e investigador (1ª parte). Neste primeiro achegamento escoitamos parte da súa produzón musical en ben diversos proxectos, do tradicional á experimentación e vangarda.


LA MUSGAÑA - El Diablo de Cojuelo. Sonifolk, 1988.
  • Pasacalles de Ciudad Rodrigo.

ISHINOHANA [Luis Delgado & Javier Bergia] La Flor de Piedra. El Cometa de Madrid, 1986.
  • El beso de la muerte.

BABIA [Luis Delgado, Luis Paniagua, Eduardo Paniagua & Jesús Creus] Oriente-Occidente. Guimbarda, 1982. 
  • Luciernaga. 
  • Kejaritomene.

MECÁNICA POPULAR [Luis Delgado & Eugenio Muñoz]. Baku, 1922. El Cometa de Madrid, 1987.
  • Daguerrotipo.
  • De Tooway a Gutenberg.

LUIS DELGADO  - BSO serie TV. Alquibla. Rtve música, 1988.
  • Sintonia - El musem.
  • El Cairo, díptico urbano. 
  • Istanbum, la ciudad palimpsesto-Hagya Sofia.
  • El Islam, realidad y leyenda-Inquisición.
  • Gaudí en Capadofia-Reflexión.

CÁLAMUS [Luis Delgado & Eduardo Paniagua]. Medieval Women´s Songs. Música Arábigo-Andaluza. Pneuma, 1991.
  • Nuba Rasd Ed Dhil. Touchiya Quaim Va Nisf.
  • Nuba Rasd Ed Dhil. Sana´ Basit (No conifes a nadie tu secreto).
  • Maluf-saná (Para la fiesta de la circuncisión).


venres, 29 de marzo de 2013

Off Mental - programa 48

Ensemble Ibn Báya (Ahmed El Gazzi, L. Delgado, E. Paniagua, Omar Metioui)


Edición nº 48 de OFF MENTAL, músicas sen fronteiras.

Especial LUIS DELGADO, multi-instrumentista, compositor, produtor e investigador (2ª parte). Neste segundo achegamento, escoitamos parte da súa produzón musical relacionada coa tradición e a música antigua.


LUIS DELGADO - Al Ándalus. Sonifolk/Lyricon, 1993 
  • El baño de la Princcsa Sabiha.
  • La poesía de Ibn Zamrak en la Paraxa.

LUIS DELGADO (con Omar Metioui, E. Paniagua, J. Muñoz, C. Beceiro, J. Bergia, A. Moreno & M.A. Serghini) - El Sueño de Al Zaqqâq. Nubenegra, 1997
  • El saludo (voz Aurora Moreno).
  • El aurora nocturna (voz Mohamed el Arabí Serguini).
  • El cinturón y el brazalete (voz Aurora Moreno).

ENSEMBLE IBN BÁYA (Omar Metioui & Eduardo Paniagua, con Amed Al-Gazi, Mohamed el Arabí Serghini,  Abdesselam Amrani  Boukhobza, Gloria Lergo e Luis Delgado) - Núba al-Máya. Sony Classical, 1997
  • [II - mizan qa'im wa-nisf] - twishya 2.
  • San'a, Hin nalqa l-malih  (Cuando atopamos a fermosura).
  • San'a, bi-dinam  (instrumental).
  • San'a, 'aqli' abbah  (A miña mente cautiva).
  • San'a, 'unZhur ila l-bustan  (Contempla os xardíns).
  • San'a, idha nadhkuru  (Se lembramos).

Selección musical, comentarios e control técnico: O Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio Filispim, 93.9 FM (Ferrol) & Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela).

xoves, 11 de abril de 2013

Off Mental - programa 49

Eduardo Paniagua, Luis Vincent, Paula Vega, Cesar Carazo, Wafir Sheik e Luis Delgado.


Edición nº 49 de OFF MENTAL, músicas sen fronteiras en Rádio FilispiM.

Terceira parte e final da serie de especiais adicados ao multi-instrumentista, compositor, produtor e investigador LUIS DELGADO. 

Nesta ocasión unha selección da música do cedé recompilatorio "Las Tres Culturas de la Música Medieval Española" (Pneuma, 2001), intrepretado pola agrupación MÚSICA ANTIGUA dirixida por EDUARDO PANIAGUA.

  • Colección ALFONSO X O SABIO. 
- CSM 142. LA GARZA DEL RÍO HENARES (Ena gran coita sempr' acorrer ven) instr.
- CSM 282. Par Deus, muit' à gran vertude na paravla comual.

  • Colección AL-ÁNDALUS. 
- La Fuente (Melodía sobre original andalusí. Modo Hidyaz oriental. Ritmo Qaim wa nisf).
- ¿No aquí hay prodigios mil? (Ibn Zamrak, Tázon de la Fuente de los Leones).
- Ese es mi rito (Ibn al-Jatib, melodía de 'Escanciadme', Bawakir al Maya).
- Muwwal 'Buh bi-l-Garámi' ('Revela tu pasión') al-Harráq.
- Samai bayati (Ibrahim Al-Aryan).

  • Colección HISTÓRICA. 
- Sanºa (Para la fiesta de la circuncisión) Maluf. Cálamus.
- Dror Yiqra (Dunash ibn Labrat (t), Trad., Judeo-Yemeni). Judith R. Cohen y Eduardo Paniagua.
- Ki eshmerá shabat (Canción de Shabat, Abraham Ibn Ezra). Jorge Rozemblum & Eduardo Paniagua.

  • Colección TRADICIÓN. 
- Rodrigo venga a su padre (Abbot Peter,t & J. Díaz, m) Joaquín Díaz.
- Gyromax. Pascal Lefeuvre y Luis Delgado.
- Por el interés. Luis Paniagua.
- Ija mia, mi kerida (Trad., adap. sefardí). Luis Delgado.

Selección musical, locución e control técnico: Pequeno Monstro (Rádio FilispiM, libre de Ferrol).
Emisión: Rádio FilispiM & Rádio Kalimera.

sábado, 22 de setembro de 2012

Off Mental - programa 35

Portada CD recompilatorio  revista "Nueva Música" (Sevilla, 1993).

OFF MENTAL, músicas sen fronteiras en Rádio FilispiM. Unha Produzón Imaxinaria Divertimento apresentada e conducida polo Pequeno Monstro. Edición Nº 35.

Escoitamos:
  • LUIS DELGADO - Casa de escaleras [Serie de músicas para o Planetario de Madrid, 1982. Versión editada no CD recompilatorio "Nueva Música Española". Revista Nueva Música, 1993].
  • LUIS PANIAGUA - El Sol. Danzad, danzad, lo peor ya pasó [Muy Fragil. Hyades Arts. CD recompilatorio "Nueva Música Española". Revista Nueva Música, 1993].
  • DAVID GARRIDO - El sonido del tiempo [CD recompilatorio "Nueva Música Española". Revista Nueva Música, 1993].
  • FINIS AFRICAE - El que habla [CD recompilatorio "Nueva Música Española". Revista Nueva Música, 1993].
  • SÉTIMA LEGIAO * - Mar d ´outubro, 1984.
  • SÉTIMA LEGIAO - Sétima Volta, 2003.
  • SÉTIMA LEGIAO - Ilha das almas, 2003.
  • SÉTIMA LEGIAO - Con estas maos, 1999.
  • SÉTIMA LEGIAO - O factor humano, 1999.
(*) Todos os temas de Sétima Legiao tirados do CD recompilatorio "Historia de Sétima Legiao, Canciones y músicas 1983-2003". Editado polo selo Resistencia, ano 2005]. 



Nota: Na imaxe superior (portada do cedé recompilatorio) pode lerse "Vol.1", 
mais nunca chegaría a publicarse un segundo volume.

xoves, 28 de febreiro de 2013

Off Mental - programa 46

Erik Alfred Leslie Satie

Edición nº 46 de OFF MENTAL, músicas sen fronteiras en Rádio FilispiM.

Especial ERIK SATIE. 

PATRICIA ESCUDERO & LUIS DELGADO - Satie Sonneries-Timbres y Tratamientos Sonoros (El Cometa de Madrid, 1987).
  • Gymnopedie III
  • Etre jaloux de son camarada qui a une gross tete.
  • Gnossienne I
  • Lui manger sa tartine
  • L´initation (fragmento)
  • Valse du chocolate aux amandes
  • Gnossienne III
  • Gymnopedie II
  • Gnossienne II
  • Le chant guerrier du Roi des haricots
  • Prefiter de ce qu´il a des cors aux pied por lui pendre son cerceu
  • Petite prelude a la journée
  • Arcueil

VIENNA ART ORCHESTRA - The minimalism of Erik Satie (1989).
  • Gnossienne III
  • Reflections on Gnossienne I
Comentarios, selección musical e control técnico: Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio FilispiM (Ferrol) e Rádio Kalimera (Compostela).



Video: outro exemplo da incorcoración de instrumentos (sintetizador Moog) e efectos electrónicos na interpretación da obra de Satie: The Velvet Gentleman. Camerata. Deram Records, 1968). Ver volume posterior desta da mesma serie en:  http://blog.wfmu.org/freeform/2007/05/the_electronic_.html

sábado, 16 de decembro de 2023

Off Mental - 122 (Begoña Olavide - Cálamus - S.E.M.A.)

Begoña Olavide (http://begonaolavide.com)

Edición nº 122 de Off Mental. 

Neste programa, unha ollada á pegada de Begoña Olavide. 

  • BEGOÑA OLAVIDE (Salterio, 1994. MA Recordings)
- Noche maravillosa
- La Rotta
- Lamento
- Cantiga
  • CÁLAMUS (w/Eduardo Paniagua, Carlos Paniagua, Luis Delgado, Rosa Olavide, Begoña Olavide) - Medieval Women´s Songs (Pneuma, 1991)
- Ondas do mar de Vigo (Martín Códax)
- Ay Deus (Martín Códax)
- Quantas sabedes amar amigo (Martín Códax)
- Eno Sagado en Vigo (Martín Códax)
  • S.E.M.A. -  Ramillete de Cantigas, Villancicos, Ensaladas, Pavanas, Glosas, Tonos y otros entretenimientos (GASA, 1987)
- Cadós, Cadós (1460)
- Florida estava la rosa (Mateo Flecha)
- Enemiga le soy / Vuestros ojos / Aquel pastorcico / Loquebantur (s. XV Peñalosa)
- Vuestros ojos tienen (Robert Dowland)

Presenta e conduce: André C. Pastor —pequenomonstro—. 
Sintonía/música indicativos: Héctor Perezagua. Voz indicativos: Ana Fernández —fabaloba—.
Difunden: Rádio Piratona, 106.1 FM (Vigo), Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol/Trasancos) e PodGalego
Medios interesados en redifusión previa comunicación: offmental@gmail.com

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...