A cara "B" da música, na cara "B" da radio # The "B" side of music, on the "B" side of radio. Conducted by: André C. Pastor —Pequeno Monstro—.

mércores, 25 de setembro de 2013

Off Mental - programa 52

Imaxe coorporativa de Egg Records na "galleta" dos vinilos.

Aquí estamos de novo baixo o mesmo espíritu: a cara "B" da música na cara "B" da radio. Por certo, estreamos nova sintonía: un extracto de The Object is a Hungry Wolf (Andrew Poppy. The Beating of Wings. ZTT Records,1985). 

Neste programa, primeira aproximación ao selo francés Egg Records, que resucita a finais da década dos 70´s e suporía un paso adiante canto a música progresiva realizada até daquela, cun catálogo certamente sorprendente cuxos artistas irán pasando polos vindeiros programas: Alain Markusfeld, Michel Magne, Tin Blake, Ose, Conrad Schnitzler, François Brèant, Roedelius, Asmun Tietchens, Heldon, Patrick Vian (o fillo de Boris) ou mesmo Vangelis.

  • ALAIN MARKUSFELD - Platock concerto. 1º Mouvement (Platock. Egg Records, 1978).
  • ALAIN MARKUSFELD - Platock concerto. 2º Mouvement (Platock. Egg Records, 1978).
  • ALAIN MARKUSFELD - Contemporus part.1 (Comtemporus. Egg Records, 1979).
  • ALAIN MARKUSFELD - Contemporus part.2 (Comtemporus. Egg Records, 1979).
  • ALAIN MARKUSFELD - Contemporus part.3 (Comtemporus. Egg Records, 1979).
  • ALAIN MARKUSFELD - Contemporus part.4 (Comtemporus. Egg Records, 1979).
  • MICHEL MAGNE - Signaux Codes Non Identifiés (Elements Nº1. La Terre. Egg, 1978).
  • MICHEL MAGNE - Trip Psychiatrique (Elements Nº1. La Terre. Egg Records, 1978).
  • MICHEL MAGNE - Planètes Et Forêts (Elements Nº1. La Terre. Egg Records, 1978).

Realización técnica, selección musical e comentarios: André "Pequeno Monstro".
Emisión: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrolterra) e Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela).
Para sumarse a emisión contacte co Pequeno Monstro (Rádio FilispiM).


luns, 23 de setembro de 2013

Regresa Off Mental, a cara "B" da música na cara "B" da radio.

A cara "B" de todo.

Unha tempada máis regresa Off Mental o programa da cara "B" da música na cara "B" da radio. 

Nova sintonía, novas intencións, novos enfoques que tentarán lle dar un novo ár a particular colleita do Pequeno Monstro. Istos son os novos horarios na Rádio FilispiM, 93.9 FM: domingos de 23:00 á 24:00 h. e martes de 15:00 á 16:00 h.

Como sempre, ista proposta está aberta a emisión por outras radios sen ánimo de lucro, que previamente o comuniquen ao Pequeno Monstro, responsábel do espazo. A emisión pode serguirse igualmente vía streaming para todo o mundo ao través deste blog, ou mesmo do blog de Rádio Filispim, http://opaii.blogspot.com. Como xa é habitual, o podcast do espazo estará disponible via Ivoox para súa escoita/descarga.

Quero agradecer a Atom Cobalto (Fabrik) a composición da peza "FilispiM" que utilicei na gravación desta cunha-promo. Ista peza foi orixinalmente incluida no álbum Obsolescencia Programada (El Que? Produkt, 2013), coma chiscadelo a  radio libre que emite dende Ferrol, pola difusión que esta emisora fai en programas coma Retroevolución das músicas do catálogo El Que? Produkt. A peza orixinal podedes ouvila nese álbum e por suposto, curiosear entre as moitas propostas que Atom Cobalto protagoniza en solitario ou xunto a Victor Rozalen (Juventudes Lesbianas, El Viejo Café Europa, Ocnelie Illmatik...), mesmo afondar no catálogo completo do selo valenciano El Que? Produkt.

Non é a primeira vez que os responsábeis do selo El Que? Produkt dende valencia se misturan coa Rádio FilispiM, así aconteceu coa proposta:  Radio FilispiM presenta Retro-Evolución, homenaje a El Que? Produkt, 2012. Que a sinerxia continúe... e o dito, volvemos con moita cara "B".

 

mércores, 22 de maio de 2013

Off Mental - programa 51

Eletronique mon amour. Elque? Produkt, 2013

Edición nº 51 de OFF MENTAL, músicas sen fronteiras en Rádio FilispiM.

Especial adicado ao ente herculino RETRO MECHANICAL EVOLUTION.

Electronique mon amour. Elqué? Produkt (2013).
  • Oyendo tu lamento.
  • Hoffnungslosigkeit.
  • Hass und angst.
  • Frío en el espacio.
  • Muñecas muertas.
  • Radio sequence.
  • Electronique mon amour.

As remisturas de RETRO MECHANICAL EVOLUTION dentro do álbum Das Kinetic Remix, VIEJO CAFÉ EUROPA. Elqué? Produkt (2013). 
  • Atomic Kraff.
  • Your simple life.
Selección musical, comentarios e control técnico: Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio Filsipim (Ferrol) & Rádio Kalimera (Compostela), radios libres.



+ info e libre descarga das músicas en:
-  http://elquemusic.blogspot.com.es/2013/05/retro-mechanical-evolution-electronique.html
-  http://elquemusic.blogspot.com.es/2013/05/viejo-cafe-de-europa-das-kinetik-re-mix.HTML

+ Referencias a esta entrada:
http://egarpar.blogspot.com.es/2013/05/programa-51-de-off-mental-dedicado.html

mércores, 8 de maio de 2013

Off Mental - programa 50

 YMO nunha publicación nipona dos 80s

Edición especial de Off Mentaladicada ao synth-pop nipón dos 80s, con especial parada no selo Yen Records (Alfa Records).

YELLOW MAGIC ORCHESTRA. (Ryuichi Sakamoto, Haruomi Hosono, Yukihiro Takahashi & Hideki Matsutake. Produce: Hosono). Álbum, Solid State Survivor. Alfa Records, 1979.
  • Castalia.
  • Insomnia.
  • Solid State Survivor.
INTERIOR (Produce: Haruomi Hosono, YMO). Álbum, Interior. Alfa Records, 1982 (Japan). Windham Hill, 1985 (USA).
  • Technobose.
  • Giant Steps.
TESTPATTERN (Produce: Haruomi Hosono, YMO). Álbum, Yen-Manifold, Vol.1 (sampler). Yen Records, 1983.
  • Ryugu.
KOJI UENO. Álbum, Yen-Manifold, Vol.1 (sampler). Yen Records, 1983.
  • Tempo di Jazz.
  • Movement Peripetuels.
YEN ARTITS (Colectivo de artistas do selo nipón Yen). Álbum, Yen Memorial. Alfa Records, 1985.
  • Gob be with us till we meet again.
  • Platonic Stochastics.
Realización técnica, selección musica e comentarios: André C. Pastor (Pequeno Monstro).
Emisón: Rádio Filispim (Ferrol) & Rádio Kalimera (Compostela).


xoves, 2 de maio de 2013

Concerto KEPA JUNKERA & LA MUSGAÑA (Toxos e Froles. Ferrol, 27/04/2013)

Cataz do evento


Concertos celebrados o pasado sábado 27 de abril de 2013 en Ferrol, dentro das Xornadas Culturais Abertas que está a organizar o Toxos e Froles. O evento, de entrada libre e gratuita, tivo unha grande acollida de público, ficando moitas persoas fóra da sá.

Descoñezo porque este concerto non se celebrou no Teatro Jofre, pois tivera sido o marco máis axeitado, sobre todo logo de constatarse que o local de Toxos quedou pequeno. Non sei se o edil de Cultura ten álgun problema con Kepa Junkera... tendo en conta os antecedentes deste individuo (do edil). En todo caso no cartaz que anuncia este evento figura coma colaborador o Concello de Ferrol o cal é esperanzador.

Nunca cidade tan falta dunha programación cultural en consonancia coa súa masa social é de subliñar o esforzo de Toxos e Froles canto a programación destas Xornadas Culturais Abertas, donde até o neno que aparece en varias ocasións na gravación advertindo aos seus pais "que non lle gusta nada e que quere marchar xa", agradecerá toda a súa vida ter ouvido algo diferente ao habitual.

Canto aos artistas, Kepa Junkera únicamente acompañado pola súa "infernal" trikitixa, veu de actúar por vez primeira na cidade de Ferrol, inda que como el mesmo di na gravación, hai moitos anos xa foi convidado "a actuar" polo Estado, mais declinou o convite... Que un artista coma Kepa Junkera pise por vez primeira un cenario da nosa cidade, logo de máis de 25 anos de traxectoria, só pode tomarse con muito humor... Afortutadamente si é un habitual nos diferentes festivais de música folk que no vrao se celebran na nosa contorna.

Pola súa banda, Carlos Beceiro, un dos integrantes-fundadores de La Musgaña é orixinario de Narón, na nosa comarca, polo que houbo tempo para a lembranza... Entre el e máis Jaime Muñoz, a outra metade do dúo que conforma hoxe La Musgaña, apresentaron o seu último álbum, "Entre dos".

A toma de son desta gravación é do son ambiente, mais penso que a cualidade é axeitada para compartillala neste blog, se os autores das obras non teñen inconveniente, claro...


Concerto de Kepa Junkera.

Concerto de La Musgaña (con intervención de Kepa Junkera ao final).

luns, 29 de abril de 2013

Diálogos 3 (Radio 3-RNE) - Especial álbum Sòlas, TALITHA MACKENZIE.

Talitha MacKenzie

Rescatado dunha vella cita de casete da miña sonoteca, edición especial de Diálogos 3, apresentado por Ramón Trecet, adicado a analisar o álbum Sòlas de TALITHA MACKENZIE publicado no ano 1993. O programa foi emitido un domingo do ano 1994 por Radio 3 (RNE).

A cerca deTalitha MacKenzie:
"Talitha nace e crece na multicultural cidade de Nova Iorque, ficando cautivada polas cancións tradicionais de todo o mundo dende moi noviña. A idade de sete anos escoita por vez primeira unha canción gaélica. Foi durante a súa adolescencia cando comeza a recompilar gravazóns de campo do canto tradicional deste curioso estilo de música vocal. Tras varios anos de xira en solitario por América e de colaboracións vocais con bandas tradicionais, Talitha se traslada a Escocia en 1987, donde formará parte da popular agrupación de baile escocesa Drumalban".

"En 1988 co-funda o dúo Mouth Music, cuxo innovador álbum homónimo (con arranxos de música do mundo contemporáneo das cancions gaélicas tradicionais) chega a encabezar as listas da revista Billboard, recibindo eloxios da crítica internacional. Cando a outra metade do dúo Mouth Music abandoa o proxecto, Talitha pon en marcha, baixo similares premisas, un proxecto en solitario que daría os seus froitos en 1993 coa publicación do álbum Sòlas."

Sobre o álbum Sòlas:
"Publicado no ano 1993, recolle cancions gaélicas tradicionais e orixinais realizadas por Talitha MacKenzie, arranxadas e producidas por Iain McKinna, Chris Birkett e a propia Talitha".

(Info tirada e traducida de: http://talithamackenzie.com/biography)

Sobre o estilo "mouth music":
"A tradición gaélica fala de que a mouth music (ou puirt-a-beul) -é dicir, música de boca- é un estilo de canto en idioma galélico enfocado ao baile, melodías vocais que imitan a sonoridade dos propios instrumentos; a súa orixe pode estar na prohibición de certos instrumentos que se consideraban heréticos, ou nas etapas de fame nas que, en Escocia, houbo uhna prolongada ausencia de artesáns especializados na elaboración de ditos instrumentos. Dun xeito ou doutro, ista tradición foi rescatada e revitalizada en base a certas gravacións antigas, entidades e bandas coma a denominada así mesmo Mouth music, formada por Martin Swan e a propia Talitha Mackenzie...".

(Info tirada e traducida de: http://solsticiodeinvierno.blogspot.com.es/2008/11/talitha-mackenzie-slas-la-mayora-de.html)

Sintonizamos...


 

Fonte sonora: arquivo sonoro de o Pequeno Monstro (blog: http://offmental.blogspot.com)

domingo, 14 de abril de 2013

Diálogos 3 (Radio 3-RNE) - Especial "Conexión Irlandesa".

Enya Brennan, Nightnoise, Therese Schroeder-Sheker & Liam O´Flynn

Resucitamos unha nova edición dos Especiais de Diálogos 3, que durante algunha tempada nos aledaban as fins de semana en Radio 3, nos primeiros 90´s.

Especial "La Conexión Irlandesa" emitido (polo contexto do programa) entre ao ano 1990 e 1991. Neste programa Ramón Trecet fai una análise da andaina e sons de bandas como NIGHTNOISE ou solistas coma THERESE SCHROEDER-SHEKER ou ENYA BRENNAN, procurando conexións entre todas esas formas de entender a música tradicional con raigumes celticas.

Todos os programas que vou rescatando do meu arquivo son inéditos na rede, sendo a súa principal característica que foron emitidos orixinalmente en Radio 3 nos primeiros noventa e que, na maior parte dos casos, se trata de especiais adicados a selos discográficos, artistas ou estilos de músicas. Ista particularidade convírteos en documentos sonoros de obrigada escoita para termos datos do que estaba a acontecer dentro do que, daquela, chamaban "novas músicas", se ben ista denominación é bastante controvertida, pois certamente non se trata de nada novo, senón de reformulacións ou misturas de estilos, como acontece neste caso...  Sintonizamos. 


Fonte: arquivo sonoro do Pequeno Monstro
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...